InicioEconomíaPrimeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do Concello de Vigo ha ido adiante coa folga indefinida, que comezou este domingo. A este escenario chegouse tras non alcanzar un acordo coa compañía FCC na última reunión celebrada o venres.

Nun comunicado emitido o mesmo día, a CIG informou de que nas últimas horas do venres levou a cabo o terceiro encontro entre ambas as partes para tentar desbloquear o conflito laboral aberto no marco da negociación do convenio colectivo. Con todo, “o paro indefinido previsto a partir do domingo segue adiante, ao insistir a compañía na pretensión de recortar a xubilación parcial e ofrecer unha subida salarial insuficiente”, destacou o sindicado, que ostenta a presidencia do comité.

Segundo explicaron, as posturas seguen “moi distanciadas” porque a proposta de FCC segue sen consolidar a xubilación parcial, que se iría ata os 63 anos e medio e non aos 63 co 100% da prestación como na actualidade, “un dereito consolidado desde hai 20 anos”. Ademais, critican que a concesionaria pretende unha subida de soldos “moi lonxe” do IPC, cun 0% para este ano, un 1,5% para 2027 e 2028 e un 2% para 2029 e sen revisión salarial, “o que suporía que as nóminas se incrementarían moi por baixo do que o fai o custo da vida”.

“En consecuencia, vémonos na obrigación de manter a folga indefinida convocada a partir das 06.00 horas deste domingo, día 24″, apuntou entón o comité, que mostrou a súa disposición a “seguir negociando” pero sen renunciar a estas dúas reivindicacións. Por todo iso, o vindeiro luns empregados de FCC concentraranse ante as oficinas da empresa na rúa Tarragona.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...