InicioSociedadeMargarita Estévez, nova directora de Atención Primaria na área sanitaria

Margarita Estévez, nova directora de Atención Primaria na área sanitaria

Substitúe no cargo ao doutor Roberto Devesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A doutora Margarita Estévez Iglesias foi nomeada nova directora de Atención Primaria da área Sanitaria de Vigo, substituíndo no cargo ao doutor Roberto Devesa. Nun comunicado, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) indica que Estévez é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e nos últimos anos desenvolveu as súas funcións como médica de Familia no Centro de Saúde de López Mora, en Vigo. Antes, tras especializarse en Medicina Familiar e Comunitaria, exerceu en distintos centros de saúde. Ademais, como docente, exerceu como titora do programa de formación MIR de Medicina de Familia e Comunitaria, tanto en urxencias extrahospitalarias como en atención ordinaria, na área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un orzamento récord de 365 millóns para 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este martes que o goberno local porá...

Caballero acusa á Xunta de deixar Vigo “fóra” das novas residencias: “É unha desvergoña política”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou de “desvergoña política” o trato da Xunta...

Víctor Manuel actuará en Vigo o 30 de xaneiro

O cantautor Víctor Manuel anunciou as primeiras datas da súa xira prevista para 2027,...

Remolcado en Vigo un barco ao quedar sen máquina e outro na Pobra do Caramiñal por problemas debido á néboa

Salvamento Marítimo tivo que remolcar dúas embarcacións durante a madrugada deste martes en Galicia...