InicioSociedadeO Xulgado de Violencia sobre a Muller ratifica prisión provisional para Borja...

O Xulgado de Violencia sobre a Muller ratifica prisión provisional para Borja R.R., o home que prendeu lume á súa ex parella

A vítima foi trasladada con queimaduras no 35 % do seu corpo, primeiro ao hospital Álvaro Cunqueiro, e logo á Unidade de Queimados do hospital Povisa, onde permanece ingresada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo ratificou este xoves a prisión provisional para Borja R.R., detido a pasada fin de semana tras presuntamente asperxer con gasolina á súa expareja e prenderlle lume ás portas da súa vivenda, na parroquia viguesa de Valadares. O xulgado de Instrución 1 de Vigo, que estaba de garda no momento dos feitos, decretou o pasado domingo o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza do detido, investigado por un delito de asasinato en grao de tentativa.

Tras inhibirse en favor do Xulgado de Violencia sobre a Muller (ao existir unha relación sentimental entre investigado e vítima), este xoves este órgano especializado acolleu unha comparecencia de trámite, na que se ratificou a medida de prisión. Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do sábado, cando a muller saía da súa vivenda e foi abordada pola súa expareja, Borja R.R., de 41 anos de idade e veciño de Gondomar, que a asperxeu con gasolina e prendeulle lume. Pouco despois foi detido por axentes de Policía, aos que chegou a enfrontarse e tentou agredir cunha botella de cervexa. A vítima foi trasladada con queimaduras no 35 % do seu corpo, primeiro ao hospital Álvaro Cunqueiro, e logo á Unidade de Queimados do hospital Povisa, onde permanece ingresada.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...