InicioSociedadeA Xunta creará un centro de acollida de mulleres vítimas de violencia...

A Xunta creará un centro de acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción no Porriño

O obxectivo, segundo dixo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, é "axudar ás vítimas no control e superación das adiccións para que poidan incorporarse á vida autónoma".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou a autorización, por parte do Consello da Xunta deste luns, da firma dun convenio de colaboración co Concello do Porriño para a creación do primeiro centro de acollida para a atención de mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción. Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Executivo autonómico, Rueda asegurou que a Xunta destinará un millón de euros de fondos europeos para que o Concello porriñés “adquira, reforme e prepare” un inmoble co fin de albergar este recurso.

O obxectivo, segundo dixo, é “axudar ás vítimas no control e superación das adiccións para que poidan incorporarse á vida autónoma”. Ademais, entrará a formar parte da Rede Galega de Acollemento, dotándoa dun recurso especializado que se suma ao que xa teñen as vítimas de violencia de xénero con enfermidades mentais. Alfonso Rueda explicou que preto dun 20 % das mulleres que sofren violencia machista presentan problemas de adicción, polo que este novo centro pretende axudalas. Na actualidade, a Rede de Acollemento ofrece máis de 80 prazas en sete centros por toda Galicia. Segundo o presidente, combater a violencia de xénero é “primordial” para a Xunta, así como “ofrecer a mellor asistencia ás vítimas, ademais das políticas de prevención”.

‘TI ELIXES’

Doutra banda, a Xunta activou a terceira edición do programa ‘Ti Elixes’ e novos contidos no Campus de Igualdade Laboral para avanzar na equidade real entre homes e mulleres. Alfonso Rueda tamén informou destas iniciativas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para seguir dando pasos nesta vía. Así, este mércores abrirase o prazo para que os centros educativos galegos sostidos con fondos públicos poidan solicitar que o seu alumnado de terceiro e cuarto diso reciba charlas para que as mulleres escollan profesións atendendo ás súas capacidades ou motivacións persoais, sen deixarse limitar por prexuízos ou estereotipos de xénero. Ademais, o Consello tamén avaliou o balance de actividades e a programación para este curso que comeza do Campus en liña en materia de igualdade laboral, a través de 40 novas accións sobre este ámbito.

ÚLTIMAS

Detidos tres homes polo violento asalto a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a 3 homes como supostos...

Detido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a un home de 40...

Detectan vermes de mosquito tigre en Mos

A Consellería de Sanidade de Galicia informou este mércores da detección de vermes de...

Axentes da Policía Nacional salvan a vida a unha muller que se desvaneceu na rúa en Vigo

A rápida intervención de dous axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo permitiu...