InicioSociedadeO comité de Vitrasa denuncia a perda de poder adquisitivo ca última...

O comité de Vitrasa denuncia a perda de poder adquisitivo ca última oferta de actualización salarial

A proposta da empresa para 2021 a 2027 supón unha perda de até un 8,9% en poder adquisitivo, segundo o comité, que tamén rexeita a falta de melloras sociais significativas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, anunciou que estudará a última proposta trasladada pola empresa no que respecta á actualización salarial, no marco da negociación do novo convenio, aínda que advertiu de que o persoal segue perdendo poder adquisitivo con esa oferta.

Nas últimas horas, as partes mantiveron un encontro no que a empresa trasladou a súa proposta de subida salarial, que establece un 0 % para 2021, 2022 e 2023 (con IPC que estiveron entre o 2 e o 5,7 %); subida do 3,2 % para 2024 (cunha previsión do IPC dun 3,1 %); subida do 3,5 % para 2025 (cunha previsión do IPC dun 2,2 %); subida do 4 % para 2026 (cunha previsión do IPC do 2,2 %); e unha subida do 4 % para 2027 (Cunha previsión do IPC do 2,1 %).

O comité apuntou que, se se cumpren estas previsións, a oferta supón que o persoal perde un 8,9 % de poder adquisitivo, e criticou que tampouco hai cláusula de revisión salarial, por tanto se o IPC é maior do previsto, os traballadores poderían aumentar esa perda.

Os representantes dos traballadores lembraron que Vitrasa beneficiouse de 18 millóns de euros outorgados polo Concello en compensacións pola pandemia de Covid e en concepto de reequilibrio económico da concesión, e a pesar diso non ofrece actualización de soldos para os anos 2021 ao 2023.

Por outra banda, advertiron de que as melloras no ámbito social “son practicamente inexistentes” e, nalgúns casos, “empeoran as condicións actuais”, polo que o comité rexeitou inicialmente a proposta.

No entanto, e ao recoñecer un “pequeno avance”, o comité analizará “en profundidade” a proposta para dar resposta á empresa. A próxima reunión entre as partes celebrarase o 10 de setembro. Precisamente, a falta de acordo na negociación do convenio provocou unha folga no servizo que se estendeu desde o 25 de novembro de 2023 ata o 11 de marzo de 2024.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...