InicioSociedadeO PP de Vigo pedirá unha comisión de investigación do accidente de...

O PP de Vigo pedirá unha comisión de investigación do accidente de Matamá e critica que o goberno local “non dea a cara”

"Ninguén dá a cara para ofrecer explicacións públicas e detalladas sobre o acontecido, mentres as dúbidas e as preguntas amontóanse á espera de respostas que só chegan de maneira parcial e ambigua a través de comunicados nos que o goberno local dedícase a sacudirse de enriba a súa responsabilidade", lamentou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo anunciou que pedirá no próximo pleno ordinario da corporación local a creación dunha comisión especial de investigación do accidente mortal ocorrido esta pasada fin de semana nas festas da parroquia de Matamá, onde un mozo de 35 anos faleceu mentres montaba nunha atracción de feira. En declaracións enviadas aos medios de comunicación, o portavoz ‘popular’, Miguel Martín, criticou a actuación do goberno local, por non “dar a cara” tras cinco días do suceso.

“Ninguén dá a cara para ofrecer explicacións públicas e detalladas sobre o acontecido, mentres as dúbidas e as preguntas amontóanse á espera de respostas que só chegan de maneira parcial e ambigua a través de comunicados nos que o goberno local dedícase a sacudirse de enriba a súa responsabilidade”, lamentou Martín.

Por iso, reiterou a súa solicitude de que a concelleira de Festas e o xefe da área de Seguridade comparezan para explicar que ocorreu, por exemplo, cal é o documento que faltaba por entregar ao Saltamontes sinistrado. Tamén se pregunta por que non se precintou a atracción se carecía de autorización e se o Concello cumpre coa súa obrigación de revisar as atraccións que si están autorizadas antes do seu funcionamento.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...