InicioSociedadeO comité e a UTE Zonas Verdes acordan ir a unha mediación...

O comité e a UTE Zonas Verdes acordan ir a unha mediación para tratar de desbloquear a folga

Tras 12 días de paro indefinido

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa e a UTE Zonas Verdes de Vigo (formada por Acciona e Civis Global) acordaron este venres ir a unha mediación para tratar de desbloquear a folga, tras 12 días de paro indefinido.

En concreto, esta mañá ambas as partes reuníronse nun encontro no que, segundo explica a CIG, “non se acordaron avances de face a pechar un acordo de convenio”, pero si se pactou ir a unha mediación para tratar de superar o conflito.

“En aras de facilitar unha solución e ante o fracaso da reunión deste venres, valoramos a posibilidade de utilizar o mecanismo que recolle o propio convenio colectivo para a resolución de conflitos e tanto a empresa como o comité aceptamos instar unha mediación”, subliñou a secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández.

Por iso, segundo dixo, o vindeiro luns, día 29, terá lugar a primeira reunión ás 09.00 horas nas dependencias da Inspección de Traballo. Fernández lamentou que a empresa concesionaria de Parques e Xardíns do Concello de Vigo “non movese ficha” ata 12 días despois da folga, “a pesar das evidentes consecuencias que o seguimento maioritario do paro indefinido ten na prestación do servizo”.

Pola súa banda, o concelleiro responsable desta área, Ángel Rivas, criticou o “vandalismo” levado a cabo polos traballadores, aos que culpou de esparcir lixo por toda a cidade, asegurando que a CIG e o BNG “avalan” estes comportamentos.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin da “batalla de egos” entre Xunta e Concello que bloquea a recuperación da ETEA

O BNG de Vigo volveu instar este mércores á Xunta de Galicia e ao...

O PP de Vigo denuncia un pago de 1,1 millóns a DomusVi polo servizo de Axuda no Fogar “sen contrato”

O PP de Vigo denunciou que o Concello terá que pagar 1,1 millóns de...

Caballero crítico co borrador da lei de administración local: “Home, o primeiro é o alcalde de Vigo’

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou á Xunta que non se lle solicitase...

A Universidade de Vigo impulsa a dixitalización da acuicultura atlántica

Investigadores do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo participan no proxecto...