InicioSociedadeA Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos concéntrase este martes tras...

A Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos concéntrase este martes tras 5 asasinatos machistas durante a fin de semana

Nun comunicado, a organización fixo un chamamento urxente á sociedade para que acuda a esta protesta, que levará a cabo a partir das 20.00 horas diante do Museo Marco de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo organiza este martes unha concentración tras os cinco asasinatos machistas ocorridos esta fin de semana. Nun comunicado, a organización fixo un chamamento urxente á sociedade para que acuda a esta protesta, que levará a cabo a partir das 20.00 horas diante do Museo Marco de Vigo.

O colectivo lamentou que no que vai de 2024 contabilizáronse “58 feminicidios, onde 45 mulleres e 13 fillos e fillas perderon a súa vida pola violencia machista”. Só en xullo, oito mulleres foron asasinadas, cinco delas esta fin de semana. “Estas mulleres e os seus fillos xa non poderán falar, denunciar, defenderse, vivir… Non esquezas que a única diferenza entre elas e ti, é que se cruzou na súa vida un home maltratador e misóxino”, indicaron nun comunicado, solicitando á sociedade que apoie a concentración.

Ademais, a Asociación pediu un cambio na lexislación para que as mulleres se sentan “acompañadas e non culpabilizadas”, solicitando que esta clase de delitos se xulguen con perspectiva de xénero, “tendo en conta a situación na que se atopan e para impedir sentenzas que non garantan a seguridade das vítimas nin do resto da sociedade”. “De nada serve un pacto de Estado contra a violencia de xénero e os seus proxectos autonómicos se non se dotan dun financiamento estable que leve á práctica dunha forma contundente medidas eficaces para a erradicación da violencia”, engadiron.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...