InicioSociedadeXunta e Deputación aprobarán a compra conxunta do Teatro Cinema Fraga de...

Xunta e Deputación aprobarán a compra conxunta do Teatro Cinema Fraga de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e a Deputación de Goberno aprobarán a próxima semana, nos seus respectivos órganos de decisión, os acordos para a compra conxunta do Teatro Cinema Fraga de Vigo, por un importe de 9,3 millóns de euros, dos que o goberno galego financiará o 51 % e a administración provincial o 49 % restante.

Así o desvelou o presidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, tras a reunión mantida en Pontevedra este mércores co presidente da Deputación Provincial, Luís López. Ao termo do encontro, nunha rolda de prensa conxunta, Rueda avanzou que o acordo para formalizar a adquisición dese inmoble, ata agora propiedade de Abanca, será levado o luns ao Consello da Xunta, mentres que a Deputación tamén o aprobará, pola súa banda, ao longo da próxima semana.

O presidente do goberno galego lembrou que o edificio xa foi sometido a un proceso de rehabilitación, pero permaneceu pechado 17 anos e serán necesarias outras actuacións. Así mesmo, haberá que acordar un plan de usos culturais para dotalo de contido. Por outra banda, tamén avanzou que o xurado se reuniu este mércores e seleccionou os 8 proxectos finalistas do concurso de ideas para o Pazo de Lourizán, e confirmou que a previsión é que as obras poidan comezar o ano que vén.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...