InicioSociedadeMultas de ata 200.000 euros a quen realice foxos en Praia América...

Multas de ata 200.000 euros a quen realice foxos en Praia América para as fogueiras de San Juan

O alcalde de Nigrán sinala que "poderase festexar San Juan pero sen cavar foxos que atentan contra o noso patrimonio natural".

PUBLICADO O

- Advertisement -

As persoas que acudan a Praia América, no concello pontevedrés de Nigrán, e decidan cavar un foxo para facer a tradicional fogueira de San Juan exponse a unha multa de ata 200.000 euros. Así o advertiu o goberno local nigranés nunha nota de prensa na que informa o despregamento dun dispositivo de vixilancia “sen precedentes” na noite do próximo 23 de xuño para evitar que se realicen grandes fendas no areal durante a celebración de San Juan.

Para iso, o concello e a Subdelegación do Goberno deseñaron un operativo no que participarán máis de 200 efectivos entre Policía Local, Garda Civil, Seprona, Policía autonómica, GES, Protección Civil e axentes de Tráfico, que estarán apoiados con tecnoloxía como drones. O dispositivo despregarase desde a mañá do domingo para controlar os accesos a Praia América e evitar que se trasladen á praia pas ou aparellos para realizar grandes foxos, un costume que ha ido en aumento nos últimos anos para emprazar as fogueiras e que causa gran impacto no ecosistema do areal.

As multas por desobedecer a prohibición e levar a cabo buracos oscilarán entre os 100 e os 3.000 euros en caso de ser consideradas infraccións leves, pero poderían alcanzar os 200.000 euros se son catalagodas como graves. As accións de control estarán apoiadas por tarefas informativas e de concienciación, coas que o concello nigranés queren incidir na importancia de reducir o impacto dos costumes da noite de San Juan, tanto na realización das fogueiras como na xeración de residuos e a súa recolección.

“O máis importante que todos debemos facer é informar á mocidade de que este ano será diferente en Nigrán. Poderase festexar San Juan pero sen cavar foxos que atentan contra o noso patrimonio natural. Este ano estará vixiado, controlado e multado, así que non ten sentido vir ao areal con pas porque deberán dar a volta”, sinalou o alcalde, Juan González.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...