InicioSociedadeO TSXG rebaixa a oito meses de cárcere a condena a unha...

O TSXG rebaixa a oito meses de cárcere a condena a unha enfermeira de Vigo por intoxicar con fármacos á súa filla

A Sala do Civil e Penal do TSXG rebaixa de dez a oito meses de cárcere a condena imposta pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra. Así mesmo, absólvea do delito de tráfico de drogas con dano grave á saúde polo que tamén fora condenada (neste caso a tres anos de prisión).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do TSXG rebaixa de dez a oito meses de cárcere a condena imposta pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, a unha enfermeira por cometer un delito de malos tratos sobre a súa filla, unha menor de pouca idade. Así mesmo, o tribunal absólvea do delito de tráfico de drogas con dano grave á saúde polo que tamén fora condenada (neste caso a tres anos de prisión).

Ademais, impón a pena de privación do dereito á tenencia e porte de armas polo período de dous anos e medio, inhabilitación para o exercicio da patria potestade, garda ou acollemento durante dous anos e a prohibición de aproximarse á súa filla durante tres anos. Cabe recurso ante o Tribunal Supremo.

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza o pasado ano na que condenaba a 3 anos e 10 meses de prisión a esta enfermeira de Vigo, María del Carmen C.C., por intoxicar con fármacos á súa filla de pouca idade, ao administrarlle medicamentos inapropiados para unha nena, co fin de “culpar ao pai” (do que estaba separada) para que se lle prohibise relacionarse coa menor.

Agora, a Sala avala que a enfermeira administrou eses fármacos á nena, como tramadol (un analxésico opioide), flecainida (un antiarrítmico que pode ter efecto cardiotóxico) e prometazina (un antihistamínico), polo menos entre finais de xaneiro de 2017 e finais de decembro de 2019, cando a pequena tiña entre un ano e medio e catro anos e medio de idade. Con todo, exclúe que a cualificación dos feitos axuizados correspóndanse co subtipo agravado de cometerse o feito dos malos tratos no domicilio, extremo non demostrado, o que leva a rebaixar de dez a oito meses a pena.

Ademais, a Sala do Civil e Penal do TSXG rexeita que a muller sexa culpable dun delito de tráfico de drogas ao sinalar que “a subministración dos medicamentos produciuse nun ámbito absolutamente pechado”. “Trátase dun consumo moi delimitado, concreto, individualizado, sen vocación colectiva, nin sequera en abstracto. Non podemos considerar que se produciu, nin sequera potencialmente, unha afectación á ben saúde pública, tendo en conta as circunstancias nas que se desenvolveu a subministración dos medicamentos”, sostén o TSXG neste fallo.

REVELACIÓN DE SEGREDOS

Dáse a circunstancia de que esta enfermeira foi xa condenada a outros 3 anos e 10 meses de cárcere, como autora dun delito de revelación de segredos, ao acceder máis de 300 veces ao historial médico da súa exparella e da noiva deste, sen a súa autorización. Nese caso, a acusada recoñeceu os feitos e expresou o seu arrepentimento. Con todo a Audiencia impúxolle esa pena de prisión e indemnización para os prexudicados (a acusada xa consignara 12.000 euros antes do xuízo), ademais dunha pena de inhabilitación durante 9 anos.

ÚLTIMAS

Concello e deputación acordan reformar a bancada de Gol en Balaídos

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deu este luns luz verde ao...

Tres detidos en Portugal e máis 1.000 quilos de cocaína intervidos nos portos de Sines e Vigo

Unha investigación posta en marcha pola Polícia Judiciária de Portugal e que contou coa cooperación da...

Detectado e eliminado un punto de vertedura de augas residuais en Redondela

Os técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, detectaron un...

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...