InicioSociedadeCase nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Máis do 55% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo son consumidores de cannabis ou cocaína

PUBLICADO O

- Advertisement -

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos, segundo despréndese dos últimos datos presentados pola entindade.  En concreto, a asociación asegurou que un 55% das persoas que trata comezou a consumir entre os 15 e os 18 anos, mentres que un 33% antes dos 14 anos e o 12% restante a partir dos 19 anos.

Cannabis e cocaína son as sustancias máis consumidas polos usuarios da Asociación Érguete en Vigo, cun 30% e un 26% dos casos, respectivamente, mentres que outro 15% consome heroína e cocaína e un 16% ten problemas co alcol.

Unha das vías de entrada á entidade é a través do seu Servizo Xurídico, onde ofrece avogados de forma gratuíta a persoas con condutas adictivas e ás súas familias. En 2023, Érguete atendeu a máis de 8.000 persoas, 770 dentro do seu Servizo Xurídico, sendo este a porta de entrada para acceder á rede asistencial.

O responsable do Servizo Xurídico de Érguete, David Martínez, explicou que estes datos son unha “mostra pequena” da poboación de Vigo, pero “permiten facer estimacións do que se está consumindo na rúa para tomar medidas e facer políticas de prevención”.

ÚLTIMAS

A Xunta di que o contrato con Povisa está pendente “dos últimos matices” para que a empresa se presente

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou este xoves que o contrato de...

Stellantis Vigo é competitiva, segundo o número dous do grupo industrial

Os sindicatos do comité de empresa da factoría de Stellantis en Vigo trasladaron este...

O Concello de Vigo asume os custos pola perda de axudas ao bus urbano

O Concello de Vigo asumirá os custos da perda de axudas ao transporte urbano...

As obras do hospital de día do Chuvi finalizarán antes do verán

As obras de ampliación do hospital de día do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo...