InicioSociedadePiden seis anos de cárcere a dous empresarios polos ruídos dunha cementeira...

Piden seis anos de cárcere a dous empresarios polos ruídos dunha cementeira de Redondela

Segundo recolle o escrito de Fiscalía, os feitos a xulgar producíronse desde o 2005 e, polo menos, ata o 2011 cando a fábrica, sita no Vilar de Infesta, realizou emisións de ruído excesivo que causaron graves prexuízos e molestias, derivadas dos ruídos e vibracións, a catro persoas que residían nunha vivenda contigua á fábrica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous empresarios enfróntanse a seis anos de cárcere polos ruídos dunha cementeira de Redondela, concretamente na parroquia pontevedresa de Vilar de Infesta, que causou “graves prexuízos e molestias” aos seus veciños. A Audiencia de Pontevedra, na súa sede en Vigo, acolle o vindeiro mércores o xuízo contra estas persoas acudas dun delito contra o medio ambiente polas emisións de ruído excesivo derivadas da actividade da súa empresa e de catro delitos de lesións.

Concretamente, segundo recolle o escrito de Fiscalía, os feitos a xulgar producíronse desde o 2005 e, polo menos, ata o 2011 cando a fábrica, sita no Vilar de Infesta, realizou emisións de ruído excesivo que causaron graves prexuízos e molestias, derivadas dos ruídos e vibracións, a catro persoas que residían nunha vivenda contigua á fábrica.

A mercantil, da que un dos acusados era administrador e a outra era apoderada, iniciou a súa actividade carecendo de licenza, a cal lle concederon en 1998 e anuláronlle en 2008. Con todo, tras varias medicións das emisións causadas do traballo da mercantil e senllas ordes de paralización, a empresa continuou desenvolvendo a súa actividade e incumprindo ditas disposicións.

O Ministerio Público sinala que, como consecuencia da prolongada exposición aos ruídos e vibracións procedentes das empresas, os prexudicados padeceron graves perturbacións do repouso e descanso, tensión, malestar, ansiedade e diminución do rendemento laboral e intelectual, que desembocaron en diferentes lesións. Desta forma, para os acusados piden tres anos de prisión por un delito contra o medio ambiente e para cada un dos delitos de lesións, catro en total, as penas de nove meses de prisión, así como varias indemnizacións.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...