InicioSociedadeO PSOE de Vigo pide á Xunta un orzamento similar ao do...

O PSOE de Vigo pide á Xunta un orzamento similar ao do Xacobeo para difundir o Nadal da cidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE de Vigo volveu a pedir á Xunta de Galicia un orzamento similar ao do Xacobeo para difundir o Nadal da cidade por toda España, co obxectivo de incentivar máis visitas á urbe durante as festas.

Nunha moción no pleno do Concello, que só foi apoiada polos socialistas, o PSOE reivindicou as luces de Nadal de Vigo, asegurando que son un “fenómeno turístico” que beneficia a “todos os sectores” grazas ao “retorno económico” que xeran.

Pola súa banda, o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que o alcalde, Abel Caballero, convertese o Nadal no “elemento central” do debate político, coas súas “evidentes e bochornosas esaxeracións”, como dicir que o retorno económico é de 1.000 millóns de euros “que non ten ningún soporte”, ou o “seis millóns de visitantes” ao día que asegurou recibir.

Igrexas dixo que “os datos reais” reflicten que a recadación do IVE no Nadal pasado foi un 7,7% inferior que en 2021 e que o emprego baixou. Tamén na súa intervención, o concelleiro do PP, Jose Miguel Martín, subliñou que “ninguén pon en cuestión que o Nadal en Vigo é un éxito rotundo”, asegurando que os ‘populares’ “non van en contra dela”. Con todo, cuestionou que se pida apoio á Xunta para unha iniciativa que “ano tras anos atrae un maior público, ata chega ao colapso”, lembrando as situacións vividas en 2022.

PROTESTA DE VITRASA

Precisamente, ao comezo do pleno traballadores da concesionaria municipal do transporte público, Vitrasa, interromperon a sesión, protestando no salón plenario para pedir unha solución, tras tres anos de conflito entre empregados e empresa.

Con berros de ‘Vitrasa solución’, os folguistas insistiron ao goberno local que medie e trate de solucionar o asunto, aínda que o propio Abel Caballero sempre defendeu que é un problema entre unha compañía privada e os seus empregados, a pesar de ser unha concesión local.

Foi a tenente de alcalde Carmela Silva, que nese momento presidía o pleno, a que se encargou de pedirlles que abandonasen a sala ou que se mantivesen en silencio, tras máis de cinco minutos de berros. Finalmente, púidose continuar co debate das mocións.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...