InicioSociedadeVigo será unha das sedes da terceira edición do Festival de Arquitectura...

Vigo será unha das sedes da terceira edición do Festival de Arquitectura Urbana TAC!

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana seleccionou ás cidades de Vigo e San Fernando (Cádiz) como sedes da terceira edición do Festival de Arquitectura Urbana TAC!, que terá lugar en 2024. Tal como informou o Goberno nun comunicado, esta iniciativa, impulsada a través da Secretaría Xeral de Axenda Urbana, Vivenda e Arquitectura, en colaboración coa Fundación Arquia, está dirixida a novos arquitectos.

Ten unha vocación anual, que une a arquitectura contemporánea e a práctica nova coa reflexión sobre o urbano e o social a través da construción dun pavillón temporal. En cada edición componse de dúas convocatorias: un chamamento para ser Cidade TAC! e un concurso de ideas para a creación do pavillón temporal“, indicou o Ministerio, que engadiu que Vigo e San Fernando acollerán estes pavillóns cunha “ampla programación cultural”.

Esta edición estará centrada en reivindicar actuar ante a “chamada definitiva” do planeta e a sociedade, a oportunidade que supón para as cidades facer as cousas de maneira diferente, aproveitando as boas experiencias e as mellores propostas como elemento que permita facer da cultura un elemento que achegue masa crítica no espazo público como elemento de transformación urbana e social.

CIDADES ELIXIDAS

Sobre as cidades elixidas, o Ministerio dixo que Vigo, cuxa candidatura foi presentada polo Concello co apoio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, “mostra un espírito transversal entre prácticas e políticas locais, que permitirá profundar nas transformacións urbanas levadas a cabo por esta cidade singular forxada a partir dun tecido industrial”.

“Trátase dunha estratexia na que a apropiación do espazo público foi fundamental, garantindo espazos para colectivos vulnerables, a infancia e as persoas maiores, coa perspectiva de xénero como factor fundamental, que se pretende reforzar desde o festival TAC”, engadiu o Executivo.

Segundo Axenda Urbana, para Vigo TAC! 2024 é unha oportunidade para reflexionar desde o presente e futuro cunha perspectiva multidisciplinar no ánimo de seguir construíndo cidades habitables. Neste sentido, o alcalde, Abel Caballero, celebrou a elección de Vigo como sede deste festival, mostrándose “extraordinariamente satisfeito” por acoller esta iniciativa que é “referente na práctica da arquitectura efémera nova”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...