InicioSociedadeUrbanismo ordena o peche da discoteca do Palacio da Oliva por carecer...

Urbanismo ordena o peche da discoteca do Palacio da Oliva por carecer de licenza

Seguirá funcionando a restauración, a cafetaría e a realización de presentacións ou eventos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Concellería de Urbanismo e Vivenda do Concello de Vigo ordenou o peche da discoteca do Palacio da Oliva da cidade ao carecer de licenza para a dita actividade. Tal como informaron fontes do goberno local a Europa Press, Urbanismo ordenou o cesamento da actividade de música-discoteca por non axustarse á autorización concedida.

Dita autorización estaría destinada a un uso sociocultural e recreativo, non ligada ao lecer nocturno. Este establecemento abriu as súas portas a finais do ano pasado, tras a restauración do inmoble, situado en pleno Casco Vello de Vigo. Con máis de 4.500 metros cadrados, ofrecía gastronomía, pero tamén lecer nocturno. Actividade que agora o Concello obrigoulle a cesar.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, explicou que o Palacio da Oliva realiza actividades que si están permitidas na licenza que se lle foi concedida. Estas son todas aquelas relacionadas coa restauración, a cafetaría, a realización de presentacións ou eventos, entre outras. Con todo, o uso como discoteca está “explicitamente prohibido” na normativa urbanística do Casco Vello de Vigo, onde está situado o inmoble, polo que só se obrigou ao cesamento desa actividade.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...