InicioSociedadePortos de Galicia licita por 220.000 euros as obras de ampliación da...

Portos de Galicia licita por 220.000 euros as obras de ampliación da nave de redes de Bueu

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, iniciou o procedemento de licitación das obras de ampliación e mellora da nave de redes de Bueu.

Segundo informou a Xunta, esta actuación sae a concurso cun orzamento basee de 220.000 euros e os documentos e pregos do concurso están dispoñibles na plataforma de Contratos de Galicia.

Os licitadores terán de prazo ata o 30 de novembro para presentar as súas ofertas e as obras consisten na ampliación dos espazos para ter novas zonas de almacenamento e traballo para a reparación das redes.

Desta forma, dimensionarán o edificio de acordo coas necesidades actuais e para iso construirán un módulo adicional de cinco metros de longo coa mesma anchura que o espazo actual, 15,2 metros.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...