InicioSociedadeO Concello volve atrasar a reapertura do túnel de Lepanto ata o...

O Concello volve atrasar a reapertura do túnel de Lepanto ata o 17 de novembro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo volveu a atrasar a reapertura do túnel de Lepanto, que dá acceso á autoestrada AP-9 na contorna do complexo Vialia, e fixou como nova data para volver permitir a circulación o próximo 17 de novembro.

O último prazo de apertura anunciado era para o 2 de novembro, pero a páxina web do Concello introduciu unha modificación no aviso publicado en xuño pasado e, onde puña esa data, xa pode lerse que o peche finalizará o 17 de novembro.

Este acceso subterráneo á autoestrada, construído polo Concello, púxose en servizo en decembro do ano pasado. En febreiro tivo que pecharse debido á colocación da gran circunferencia que sobrevoa a AP-9 e que forma parte da estrutura do HALO.

En abril deste ano o túnel reabriuse ao tráfico, pero volveu pecharse a mediados de xuño pasado. Naquel momento, anunciouse que volvería porse en servizo en setembro, pero o peche prolongouse, primeiro ata o 2 de outubro e logo ata o 2 de novembro.

Finalmente, o peche será, se se cumpre o novo prazo, ata o 17 de novembro. Desta maneira, desde a súa inauguración, o túnel de Lepanto estivo máis tempo pechado que operativo.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...