InicioSociedadeUn veciño da cidade xubilado recupera máis de 10.000 euros tras reclamar...

Un veciño da cidade xubilado recupera máis de 10.000 euros tras reclamar no xulgado o complemento por maternidade

Este xubilado recuperará uns 10.140 euros como resultado da retroactividade total, calculada desde a data de inicio da súa pensión ata a data de efectos recoñecida pola sentenza de instancia. Este recobro traducirase nun aumento vitalicio da súa pensión ao 5 %.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Vigo xubilado logrou que un xulgado da cidade recoñeza o seu dereito a percibir o complemento por maternidade, e recuperou algo máis de 10.000 euros, nun proceso no que foi asistido por Unive Avogados.

A sentenza do Xulgado do Social nº6 de Vigo do pasado 26 de setembro confirmou o seu dereito de percibir o complemento por maternidade na súa pensión desde o 18 de xaneiro de 2018, data de inicio da súa xubilación, a pesar de que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) denegáralla.

Deste xeito, este xubilado recuperará uns 10.140 euros como resultado da retroactividade total, calculada desde a data de inicio da súa pensión ata a data de efectos recoñecida pola sentenza de instancia. Este recobro traducirase nun aumento vitalicio da súa pensión ao 5 %.

O avogado de Unive, Jesús Soage, resaltou que “esta sentenza constitúe un triunfo significativo para todos aqueles individuos que buscan o recoñecemento dos seus dereitos” e sinalou que, na actualidade, “só aqueles afectados que recorren ás vías de reclamación teñen posibilidades factibles de conseguir o complemento”.

A Lei xeral da Seguridade Social estableceu o dereito a cobrar ese complemento ás mulleres que, por ter fillos, viron afectadas as súas traxectorias profesionais e cotizacións; posteriormente, o Tribunal da UE determinou que non se podía facer distinción entre homes e mulleres na aplicación dese dereito.

O xulgado Vigo sinala na súa sentenza que a directriz europea é “directamente aplicable” ás pretensións deste veciño da cidade, mesmo aínda que a súa fose unha xubilación anticipada involuntaria. Por iso, estimou a demanda e condenou á Seguridade Social.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...