InicioPolíticaO BNG acusa ao goberno local de Ponteareas de "mentir" e "manipular"...

O BNG acusa ao goberno local de Ponteareas de “mentir” e “manipular” sobre a situación económica herdada do bipartito

O BNG subliñou que o goberno de Nava Castro "segue traballando co orzamento prorrogado de 2022".

PUBLICADO O

O BNG de Ponteareas saíu ao paso das acusacións do goberno municipal, presidido por Nava Castro (PP), acerca dos supostos problemas financeiros e de contratación de servizos herdados do anterior executivo local, de BNG e PSOE.

Os nacionalistas acusaron á actual rexedora de “mentir descaradamente” e “manipular” os datos, ao afirmar que o Concello só dispuña dun crédito de 97.000 euros cando chegaron ao goberno. Respecto diso, o BNG criticou que Castro “descoñece o funcionamento dun orzamento municipal” e mente para “ocultar a súa incapacidade e a súa nula xestión”.

Segundo explicaron, a 15 de xuño de 2023, o crédito dispoñible para gastos no orzamento era de 777.000 euros, aos que hai que sumar outros 12 millóns “retidos e autorizados para gastos fixos do Concello”. Se o Concello non tivese diñeiro dispoñible, matizaron, o actual goberno “non podería estar a facer transferencias de crédito continuamente, como as realizadas nos pasados días, para eliminar o diñeiro dispoñible para as subvencións a centros culturais ou subvencións a colectivos para investimentos”.

Por outra banda, o BNG subliñou que o goberno de Nava Castro “segue traballando co orzamento prorrogado de 2022”, polo que a cantidade que menciona como a previsión para o pago da subministración de electricidade corresponde a ese ano e non contempla a subida da luz rexistrada desde entón.

Os nacionalistas tamén aclararon que o Concello non pechou 2022 con perdas, senón que existía un remanente de tesouraría negativo porque “había subvencións pendentes de cobrar que aínda non foran ingresadas ao final do ano”. “Se a xestión do BNG fose tan mala como pinta o PP, non nos concederon subvencións e créditos que permitiron executar transformacións históricas para o avance de Ponteareas”, recalcaron.

ÚLTIMAS

Tres atracadores levaron uns 300.000 euros a punta de pistola do Caixabank de Gran Vía

A Policía Nacional revisa imaxes gravadas polas cámaras e toma declaracións a testemuñas e empregados para atopar...

A remodelación do Museo Massó de Bueu rematará en 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este venres o Museo Massó...

O grupo municipal do PP denuncia que o Concello só dea “3 días” aos grupos para analizar a PXOM tras a súa tramitación “opaca”

O PP de Vigo reprochou este xoves que o Concello olívico só dea "tres días hábiles" aos grupos...

Traballadores de Vitrasa saen de novo á rúa para solicitar que a empresa e o goberno local acheguen unha solución

Decenas de traballadores de Vitrasa, concesionaria municipal do transporte urbano da cidade de Vigo,...