InicioSociedadeVeciños de Vigo avanzan "accións legais" para un Nadal con "dereito ao...

Veciños de Vigo avanzan “accións legais” para un Nadal con “dereito ao descanso”

Piden reunirse con Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Veciños do centro de Vigo insistiron en solicitar ao alcalde, Abel Caballero, unha reunión para garantir que o próximo Nadal se respecte o seu “dereito ao descanso”, polo que avanzaron as “accións legais precisas” para conseguir o seu obxectivo.

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, a Asociación de Veciños Zona Centro de Vigo, que finalmente xa foi admitida este verán no rexistro municipal de asociacións, pediu que se celebre un encontro do Comité do Nadal no que estean presentes representantes dos veciños.

Así mesmo, solicitou ao Concello que se respecten diferentes normativas como a declaración de Zona Saturada de Ruídos, a protección cultural da Alameda, a lexislación de convivencia cidadá e lecer ou de benestar animal, entre outras.

Esta lexislación na práctica debería garantir, segundo explica a asociación, que se respecten os niveis máximos de ruído permitidos, que se garantan os dereitos dos maiores, a limpeza e hixiene dos espazos públicos ou a protección do parque da Alameda, ademais da seguridade e a orde pública, entre outras.

“Por tanto, estando en xogo a garantía de principios tan básicos de convivencia e de respecto para a veciñanza afectada, e lembrando que ningún interese económico está por encima dos Dereitos Fundamentais, anunciamos o exercicio de cantas accións legais sexan precisas co fin de garantir unhas festas do Nadal, que todos queremos e que tamén estrañamos, sexan celebradas con proporcionalidade”, insistiron.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...