InicioSociedadePiden 2 anos de cárcere para un acusado de ameazas reiteradas por...

Piden 2 anos de cárcere para un acusado de ameazas reiteradas por WhatsApp a un policía que o detivo

Ademais de insultalo, chegou a ameazalo de morte con frases como "vóoche a cabeza e logo méxoche encima", "sácoche a cabeza do sitio", "hai débedas que se pagan con sangue" ou "eu a ti mátoche". Fiscalía considérao autor dun delito de ameazas e pide que sexa condenado a 2 anos de cárcere, e que se lle impoña a prohibición de achegarse ou comunicarse co axente por un período de 5 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 43 anos de idade sentará este luns no banco dos acusados do xulgado do Penal 1 de Vigo, como presunto autor dun delito de ameazas a un axente de Policía Local da cidade, e enfróntase a unha pena de 2 anos de cárcere. Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos remóntanse ao 12 de maio de 2021, cando este axente de Policía Local participou na detención do acusado, nunha actuación da que se derivaron unhas dilixencias aínda pendentes de xuízo.

A partir dese momento e, polo menos ata o 21 de agosto de 2022, este home estivo a enviar “continuados e reiterados mensaxes de texto e de WhatsApp” a este funcionario con ameazas graves. Así, ademais de insultalo, chegou a ameazalo de morte con frases como “vóoche a cabeza e logo méxoche encima”, “sácoche a cabeza do sitio”, “hai débedas que se pagan con sangue” ou “eu a ti mátoche”.

O axente respondeu ao acusado advertíndolle de que “debe estar confundido”, pero este insistiu: “Non me equivoco, non. A un local de merda que vive en Navia”. E engadiu a continuación a dirección do policía, para demostrarlle que sabía quen era, antes de engadir: “sorte imbécil”. Por estes feitos, a Fiscalía considérao autor dun delito de ameazas e pide que sexa condenado a 2 anos de cárcere, e que se lle impoña a prohibición de achegarse ou comunicarse co axente por un período de 5 anos.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...