InicioSociedadeA área sanitaria comprométese a mellorar a humanización da asistencia nos partos

A área sanitaria comprométese a mellorar a humanización da asistencia nos partos

O xerente, Javier Ponte Prieto, xunto cos responsables dos diferentes servizos implicados na asistencia aos partos, reuniuse esta mañá con representantes do colectivo Loita.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente Prieto, xunto cos responsables dos diferentes servizos implicados na asistencia aos partos, reuniuse esta mañá con representantes do colectivo Loita.

O obxectivo deste encontro era trasladarlles a situación actual das actuacións que se están levando a cabo para a mellora da humanización asistencial no ámbito da medicina obstétrica.

Tras a reunión, segundo recolle a Xunta nun comunicado, Ponte Prieto destacou a “máxima receptividade” ás inquietudes transmitidas por este colectivo, así como o compromiso de retomar esta semana os traballos deste grupo no tocante á mellora dos coidados e a humanización da asistencia médica en Obstetricia e Pediatría, retardados pola pandemia.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...