InicioSociedadeMaiores que saben e trasmiten coñecemento grazas á UVigo

Maiores que saben e trasmiten coñecemento grazas á UVigo

Alumnado do Programa para Maiores achegará o seu coñecemento á sociedade con charlas que abordarán temas de actualidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Exercer de Embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esta será a misión de alumnos e alumnas do Programa para Maiores da Universidade de Vigo (PUM) nun ciclo de charlas que se enmarca dentro do plan anual Ciencia de ida e volta da UCC+i da UVigo, financiado pola FECYT-Ministerio de Ciencia e Innovación. A actividade comprenderá relatorios de catro estudantes sénior deste programa que, acompañados e asesorados por persoal investigador de cada un dos eidos, terán lugar en cafetarías e bares das cidades de Vigo, Ourense e Pontevedra.

O Programa para Maiores da UVigo conta cun alumnado que, tras décadas de dedicación profesional, acumula coñecementos e experiencia sobre temáticas moi diversas. Para aproveitalo e conectar de forma máis directa coa sociedade, ao tratarse de emisores non especializados, a vindeira semana botará a andar este ciclo Embaixadores/as da ciencia e do coñecemento, unha iniciativa que tratará de achegar o seu saber sobre diferentes temas a toda a cidadanía. “O obxectivo é aproveitar a experiencia e o gran capital humano que acumula o alumnado”, explica a coordinadora do Programa para Maiores da UVigo, Carmen María Abreu. “Son persoas que teñen unha gran capacidade comunicativa e poden transmitir o seu coñecemento de forma máis directa, achegando as súas vivencias e tamén obstáculos e limitacións, e como conseguiron superalos”, afirma. 

Mentres que as e os relatores teñen a oportunidade de converterse en divulgadores e aprender conceptos básicos de cultura científica, engade, as persoas asistentes poden seguir aprendendo e verse reflectidos. “Estas actividades adoitan ter moi boa acollida porque a “universidade da vida” permite enfrontarse satisfactoriamente a calquera reto”, comenta.

DIFERENTES CHARLAS

Para achegar un respaldo científico, cada un dos catro estudantes sénior que participará no ciclo conta co asesoramento e as achegas dun investigador ou investigadora da Universidade de Vigo con experiencia no ámbito concreto sobre o que versará o relatorio. Durante as semanas previas ambas partes deseñan, preparan e argumentan os contidos que se van expoñer.

En total serán tres charlas abertas ao público interesado. Comezarán en Pontevedra este martes vindeiro 20 de xuño, na cafetaría La Gramola ás 18.00 horas. O alumno Amancio Castro falará das Herbas de San Xoán, tendo en conta a súa próxima celebración.

A seguinte cita será en Ourense o 26 de xuño ás 17.00 horas, en El Cercano. Desta volta, baixo o título Como emprender: historia dunha pequena empresa familiar, o faladoiro estará a cargo dos estudantes Miguel Ángel Martínez e Antonia Blanes.

O programa concluirá en Vigo o mércores 28 de xuño ás 19.00 horas no Café Uf Negra Sombra, cun evento que contará tamén coa presenza da vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo, Belén Rubio. Nesta cita, Pedro Javier Zunzunegui, estudante do programa, falará sobre Protección catódica de tubería e equipos enterrados, co asesoramento da propia Carmen María Abreu.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...