InicioSociedadePiden ata nove meses de prisión para unha acusada de bicar e...

Piden ata nove meses de prisión para unha acusada de bicar e realizar tocamentos a un menor en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores, día 7 de xuño, a unha muller acusada dun delito de abuso sexual a un menor tras supostamente bicalo e realizarlle tocamentos en varias ocasións.

Os feitos ocorrerían no centro de Emerxencias para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da cidade olívica e, por eles, Fiscalía solicita 4 e 5 meses de prisión. Este xuízo estaba programado para o pasado mes de febreiro, pero foi suspendido pola folga de Letrados da Administración de Xustiza.

O Ministerio público solicita tamén a prohibición de achegarse á vítima ou comunicarse a ela durante catro anos e a inhabilitación da muller para realizar algún traballo que leve contacto con menores durante polo menos tres anos tras a pena de cárcere.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...