InicioSociedadeO Concello de Tui agradece o labor dos servizos de emerxencia tras...

O Concello de Tui agradece o labor dos servizos de emerxencia tras a queima de 21 coches

"Grazas ao labor de todos eles púidose controlar a situación, que nalgúns momentos da madrugada revestiu gran perigo", subliñou o rexedor

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu este mércores o labor dos servizos de emerxencia e corpos de seguridade despois de que na madrugada do pasado luns 21 coches fosen calcinados na zona vella. Uns feitos cometidos presuntamente por unha veciña da localidade pontevedresa.

En nome da corporación municipal, Cabaleiro destacou o traballo realizado para apagar o cinco focos de lume detectados por parte da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, así como das asociacións de Tomiño, Salceda de Caselas e o GES de Mos, ademais dos bombeiros do Porriño e de Valença.

“Grazas ao labor de todos eles púidose controlar a situación, que nalgúns momentos da madrugada revestiu gran perigo”, subliñou o rexedor tudense. Tamén quixo pór en valor aos membros da Policía Local e á Garda Civil, pola súa “rapidez e eficiencia” na resolución dos feitos, que levaron á detención da presunta autora dos mesmos só unhas horas despois.

Así mesmo, Cabaleiro referiuse a os técnicos municipais e ao persoal dos servizos sociais, que atenderon ás persoas afectadas, así como a todos os veciños de Tui que “diante duns feitos extremadamente graves, tiveron un comportamento exemplar”.

Todo iso despois de que 21 coches acabasen calcinados na madrugada do luns en Tui cando, ao redor das 04,00 horas, comezou a arder en cinco puntos distintos da localidade.

Tras apagar os lumes, os corpos de seguridade comezaron a traballar sobre o terreo para extraer conclusións do ocorrido e na tarde do luns detívose a unha muller como presunta autora dos feitos. Este martes pasou a disposición xudicial, decretándose o seu ingreso en prisión provisional.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...