InicioSociedadeA Audiencia prorroga un ano a prisión provisional para o acusado de...

A Audiencia prorroga un ano a prisión provisional para o acusado de matar a un veciño de Chapela, Redondela

A Fiscalía pide para el 18 de anos de prisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou prorrogar por un ano a prisión provisional para M.M., detido en marzo de 2021 como presunto autor da morte dun veciño de Chapela, en Redondela.

Este home será o primeiro procesado xulgado por un tribunal de xurado nas novas instalacións da Cidade da Xustiza de Vigo, nunha vista que se celebrará na chamada ‘macrosala’, na semana do 20 de marzo. A Fiscalía pide para el 18 de anos de prisión.

Segundo informou no seu día a Policía Nacional, o detido era cliente asiduo da vítima, Roberto C.P. de 51 anos, que lle fornecía estupefacientes. O detonante do asasinato foi un enfrontamento porque a vítima se negaba a fiarlle droga a M.M.

O procesado, tamén veciño de Chapela, supostamente matou á vítima asfixiándoo, e o cadáver foi localizado a finais de xaneiro de 2021 coas mans atadas no domicilio, tras a alerta dun coñecido, que non lograba contactar co home.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...