InicioSociedadeO Porriño acolle un campionato de Tenis de Mesa pola saúde mental

O Porriño acolle un campionato de Tenis de Mesa pola saúde mental

No torneo, organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia en colaboración con Always TM, participarán 42 xogadores e xogadoras procedentes de toda Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Saúde Mental FEAFES Galicia celebra este venres, 4 de novembro, o XII Campionato de Tenis de Mesa para persoas con problemas de saúde mental. Trátase dun encontro lúdico e deportivo no que participarán seis asociacións procedentes de toda Galicia e que conta coa colaboración da organización local Always TM.

O torneo terá lugar nas instalacións de Always TM dende as 10:00 ata as 14:00 horas aproximadamente. Durante este tempo, desenvolveranse unha serie de partidos individuais nos que se enfrontarán 42 participantes. Tras a celebración do campionato, terá lugar a entrega de premios e, posteriormente, quen asistan celebrarán un xantar de convivencia.

As persoas que participarán no torneo proveñen de distintos lugares da xeografía galega e
pertencen a seis asociacións e delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia: Andaina (Dodro e Ordes), Doa (Vigo e Cangas), Lenda (Redondela), Avelaíña (A Guarda, Baiona, Ponteareas), e Saúde Mental Ferrol (Narón) e Saúde Mental FEAFES Galicia (Vigo).

O Campionato de Tenis de Mesa ten como obxectivo promover o deporte en igualdade,
impulsar a actividade física entre as persoas con problemas de saúde mental e loitar contra o estigma social que sofre este colectivo. A través deste torneo, Saúde Mental FEAFES Galicia busca “amosar á sociedade unha imaxe normalizada da saúde mental, combatendo de modo activo os estereotipos negativos e os falsos prexuízos que se asocian a estas persoas”.

As actividades de ocio e deportes, segundo explica a asociación, axudan a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias, pois as persoas participantes rompen coa rutina diaria, realizan actividade física dende unha perspectiva lúdica, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. Á súa vez, permiten un respiro ás familias na súa tarefa de coidados.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...