InicioSucesosEliminado un punto de vertedura no río Alvedosa en Pazos de Borbén

Eliminado un punto de vertedura no río Alvedosa en Pazos de Borbén

Os técnicos do Plan de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco tras recibir unha alerta a través do 112 Galicia, que informou dunha vertedura de espumas cara ao río.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta comunicou a eliminación dun punto de vertedura de augas residuais nunha instalación do Polígono de industrial de Amoedo cara ao río Alvedosa, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén.

Segundo trasladou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nunha nota de prensa, os técnicos do Plan de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco tras recibir unha alerta a través do 112 Galicia, que informou dunha vertedura de espumas cara ao río.

Deste xeito, desprazáronse inspectores á zona, que identificaron a orixe das espumas nos baldeos realizados cara a unha reixa de pluviais no interior das instalacións dunha empresa da zona. Así, ante a deficiencia observada, os técnicos da Xunta solicitaron aos responsables da instalación que adoptasen medidas para emendar o foco.

Posteriormente, nunha nova inspección, persoal de Augas de Galicia verificaron que desde a empresa procederon a conectar as augas de baldeo cara ao sistema de depuración das instalacións e, deste xeito, corrixiron a contaminación asociada a este foco cara ao dominio público hidráulico.

ÚLTIMAS

Abel Caballero reclama á Deputación de Pontevedra unha débeda de 50 millóns e acusa á institución de infrafinanciar Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este venres á Deputación de Pontevedra unha...

A Xunta insta ao Concello de Vigo a actuar tras detectar niveis elevados de chumbo na auga en Beade

A Xunta de Galicia solicitou ao Concello de Vigo que adopte medidas correctoras despois...

Temporal.- Vigo volve quedar sen tren por segundo día consecutivo

Renfe informou de que este venres se manterá a suspensión de trens con orixe...

O padroado do Ifevi aproba o prego para deseñar o seu futuro plan estratéxico

O padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) aprobou este xoves por unanimidade, nunha...