InicioVigo e contornaVigoVigo pecha o seu Nadal este domingo co apagado das luces

Vigo pecha o seu Nadal este domingo co apagado das luces

Segundo o alcalde de Vigoa, uns 5.127.000 de persoas pasaron pola gran árbore situada en Policarpo Sanz e pola Nora, instalada na Alameda.

PUBLICADO O

Vigo celebrará este domingo o acto de apagado das luces de Nadal, poñendo fin a unhas festas “históricas” para a cidade, tras pasar polo centro neurálxico da iluminación máis de cinco millóns de persoas entre o 20 de novembro e o 9 de xaneiro. Así o sinalou o alcalde, Abel Caballero, que destacou o “dato extraordinario” de visitas a Vigo, que mostra, ao seu xuízo, a “fortaleza” do Nadal.

Segundo as súas cifras, sen contar esta última semana na que as luces aínda seguían acendidas, unhas 5.127.000 persoas pasaron pola gran árbore situada en Policarpo Sanz e pola Nora, instalada na Alameda. Destas, uns dous millóns de persoas eran turistas, unha cifra “extraordinaria” e “inigualable”, que xerou en Vigo un volume hostaleiro de máis de 400.000 pernoitas e ocupou camas “na provincia de Pontevedra, de Ourense e da Coruña”.

A semana con máis visitantes foi a comprendida entre o 29 de decembro e o 5 de xaneiro, mentres que as datas con máis pernoitas foi na ponte de decembro, do día 6 ao 13. A pesar da pandemia, que xerou algunhas cancelacións, Caballero puxo en valor o “impacto colosal” do Nadal de Vigo, que crea á súa vez máis “nivel de coñecemento” da cidade.

ACTO DE APAGADO

Este domingo, ás 19,30 horas, as luces de Vigo apagaranse ata o próximo Nadal. Abel Caballero realizará o acto na árbore de Policarpo Sanz, onde estarán colocadas 500 cadeiras que se repartirán por orde de chegada. No resto da rúa poderán situarse máis persoas, respectando as normativas sanitarias.

Iso si, o alcalde destacou que as luces se apagarán en toda a cidade, polo que cada un pode ver o apagamento desde onde queira. Non haberá actuación musical xa que o Concello busca un acto “emotivo”, tras case 60 días de “afluencia masiva”. Poderá seguirse o acto a través da páxina web do Concello e en directo en Televigo.

ELEMENTOS DECORATIVOS

Máis de 350 rúas da cidade estiveron iluminadas durante case dous meses con motivo do Nadal de Vigo. Desde o verán pasado, decenas de operarios comezaron a instalar múltiples elementos decorativos para que todo estivese listo o pasado 20 de novembro para o aceso oficial.

Entre os elementos decorativos máis característicos, o visitantes puideron observar un boneco de neve de 13 metros de altura no cruzamento entre García Barbón e a rúa Pontevedra, unha gran árbore na rúa Policarpo Sanz, unha bóla decorativa na rúa Urzáiz e unha caixa de agasallo na avenida Gran Vía.

Ademais, a rúa Rosalía de Castro acolleu atraccións para os máis pequenos e a contorna da praza Compostela volveu estar acompañado da nora xigante e o mercadillo do Nadal ‘Cíes Market’. Adicionalmente, no paseo de As Avenidas instalouse unha pista de patinaxe sobre xeo, mentres que nos xardíns Eugenio González de Feixe, un tobogán de neve artificial. Trens turísticos ou un parque inchable xigante encheron a Vigo de luces e Nadal, que pon o seu fin este domingo ata o ano que vén.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...