InicioCulturaBueu busca fotografías das súas festas ao longo da historia para unir...

Bueu busca fotografías das súas festas ao longo da historia para unir xeracións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno bueués, a través da Concelleria de Cultura, botou a andar un ambicioso
proxecto que intenta “recuperar nas parroquias e lugares das vilas a memoria fotográfica das festas que tradicionalmente eran organizadas pola veciñanza destes lugares”.

Polo tanto, animan á veciñanza e ao tecido asociativo destes lugares do rural de Bueu a
recuperar fotografías históricas das festas para a partires do mesmo desenvolver o
chamado ‘Albúm Festeiro’, que pretende recrear as situacións desas instántaneas
durante as celebracións que van ter lugar a finais de xullo e en agosto en cada unha das
parroquias e lugares.

As persoas interesadas deberán contactar co departamento de prensa municipal en horario de mañá, ou ben a través do correo electrónico comunicacion@concellodebueu.gal, para poder concretar a dixitalización das instantáneas en cada un dos lugares a través da fotógrafa bueuesa Alba Sotelo que será a encargada de coordinar este proceso.

Este proxecto terá continuidade o día das celebracións cun roteiro fotográfico nos que se levarán a cabo recreacións desas mesmas instantáneas para mostrar a evolución actual das festas nestes lugares, e que contará ademais cunha serie de micropezas teatrais a cargo de integrantes actuais e antigos do grupo de teatro amador “Comediantes Anónimos”; do IES Johán Carballeira.

Xosé Leal destaca que esta iniciativa, na cal xa se está involucrando a moitos veciñas e
veciños das parroquias, forma parte dun proxecto que vai recuperar as verbenas nestes
catro lugares e que terá o colofón final coa cita de Bueu enmarcada dentro do San Martiño.

Trátase de eventos sostibles que buscan incidir en aspectos tan importantes como a lingua, a igualdade, o respecto polo medio natural e as tradicións. As datas das citas festivas comezarán en Ermelo o sábado 21 de xullo e seguirán en agosto en Beluso o 15, en Ons o 18, en Cela o 25 e terán como colofón a cita do centro da vila co seu patrón os días 10 e 11 de novembro.

As mesmas contarán ademais de cos roteiros e as homenaxes, con música tradicional e actual (de verbena, cantos de taberna, rock…) para maiores e xente moza e espectáculos para a rapazada, nun programa que se presentará nas vindeiras semanas pero que xa ten asegurada a actuación en Bueu do grupo Dakidarria grazas ao programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Para Xosé Leal, rexedor bueués, estas citas “buscan revalorizar os espazos de convivencia que hai nas diferentes parroquias mesturando a tradición e a modernidade e fomentando valores na sociedade, nun proxecto global que definimos como Bueu Espazo para a Xente que faga que toda a veciñanza da vila sinta orgullo de pertenza aos seus lugares e á vila no seu conxunto”.

ÚLTIMAS

Retómase este martes o macroxuízo contra os 28 acusados polo alixo de 3,8 toneladas de cocaína do Karar

A sección quinta da Audiencia de Pontevedra retomará o martes o macroxuízo contra os 28 acusados...

Piden prisión e indemnizacións por 178.000 euros para tres empresarios pola caída dun traballador dende un tellado no polígono do Caramuxo

Os responsables de dúas empresas da área de Vigo enfróntanse a penas de prisión...

Feridas dúas persoas tras unha colisión entre tres vehículos na AP-9, en Redondela

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras unha colisión entre tres vehículos na AP-9,...

O Concello de Vigo aproba a contratación das obras de mellora do ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde este venres á contratación...