InicioSucesosDetido un vigúes de 60 anos por conducir sen carné nin cinto...

Detido un vigúes de 60 anos por conducir sen carné nin cinto e invadindo o carril contrario

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha patrulla da Policía Local de Vigo que se atopaba na rúa Aragón sobre as 04:00 horas da madrugada deste domingo observou como pola citada rúa proveniente da rúa Jenaro de la Fuente, o condutor dun turismo da marca Renault Megane circulaba invadindo ambos carrís de circulación, motivo polo que decidiron darlle o alto, cando este achegouse á altura dos Axentes.

Cando o vehículo situábase xa moi próximo aos policías, estes observaron que ademais non facía uso do cinto de seguridade. Entrevistados co condutor, solicitóuselle o permiso de conducir, manifestando este que carecía do mesmo, por perdida de vixencia tras esgotar o saldo total de puntos.

Ademais, os policías comprobaron que non constaba a realización do curso obrigatorio de sensibilización e reeducación vial e a posterior proba de control de coñecementos, polo que o seu saldo de puntos no permiso de condución continuaba sendo cero.

Tratábase dun varón de 60 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo, sendo denunciado
por non utilizar o cinto de seguridade, quedando ademais encartado en dilixencias xudiciais por un presunto delito contra a Seguridade Vial, por carecer de permiso de conducir.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...