InicioPolíticaA Deputación Provincial reparte 1 millón entre concellos para mellora do viario...

A Deputación Provincial reparte 1 millón entre concellos para mellora do viario urbano

Repartirase entre Moraña, Tui, Rodeiro, O Grove e A Illa de Arousa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou novas achegas do ‘Plan Concellos 2020’ por importe dun millón de euros, que beneficiarán aos municipios de Moraña, Tui, Rodeiro, O Grove e A Illa de Arousa. Estas axudas permitirán abordar investimentos relacionados coa mellora dos viarios urbanos e dotacións municipais, segundo remarca a Deputación nun comunicado.

O goberno provincial tamén autorizou a contratación do novo convenio que garantirá a administración electrónica nos concellos durante o próximos catro anos. Por outra banda, informou de que a juta de goberno tamén aprobou a concesión de subvencións, en concorrencia competitiva, que permitirán a 14 concellos desenvolver actividades de carácter turístico na provincia.

Estas axudas, ás que este ano a institución provincial destina 95.000 euros, teñen como obxectivo colaborar co fomento do turismo e a profesionalización do sector, así como promover a realización de accións con repercusión turística provincial.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...