InicioCulturaUn ano máis de concertos ao aire libre na Guarda: volve Música...

Un ano máis de concertos ao aire libre na Guarda: volve Música nas Prazas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este venres día 22 de xuño de 2018 a Praza de Salcidos na Guarda será o escenario do primeiro concerto da edición 2018 de Música nas PrazasNesta primeira sesión musical, o grupo encargado de amenizar a velada serán os guardeses de Liquen, un grupo local cun estilo musical Post-Rock instrumental. O concerto comezará ás 22:00h da noite, entrada de balde.

A programación de Música nas Prazas 2018 continuará o vindeiro día 24 de agosto coa actuación de Bieito Solo na Praza de San Amaro de Camposancos ás 22:00h, seguido da actuación de Pepe Vaamonde Trío o día 7 de setembro ás 22:00h na Praza do Reló.

Música nas Prazas chega neste ano 2018 á súa terceira edición, fomentando a música en diferentes espazos públicos do municipio, tentando dar visibilidade e dinamismo a todos eles por igual, levando a cultura musical a todas as parroquias da vila.

Ao longo deste tres anos foron moitas as formacións musicais da escea local e galega que teñen pasado polas prazas da vila guardesa, entre elas, De Vacas, Sonus de Gaya, Indomables…

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...