InicioSociedadeOs denunciantes contra DomusVi declaran que o xulgado de Cangas “se ensaña”...

Os denunciantes contra DomusVi declaran que o xulgado de Cangas “se ensaña” con eles no seu auto

A asociación Vellez Digna denunciara a catro residencias de DomusVi por falta de medios e de atención ás persoas usuarias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vellez Digna, nun escrito asinado polo seu presidente, sinala que acatan o auto de sobreemento do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución n ° 1 de Cangas. Dito auto emitiuse en referencia á denuncia presentada no cuartel da Garda Civil de Cangas e dirixida a Fiscalía Superior de Xustiza de Galicia. A sorpresa para Vellez Digna foi que a denuncia acabase nos xulgados de Cangas.

Desde a asociación consideran que ven motivos para o recorrer o auto do xulgado de Cangas. Non obstante, Vellez Digna non levará adiante o recurso porque que xa foron admitidas a tramite denuncias novas e ampliadas, que inclúen os feitos xa denunciados e outros. Por outra parte, Vellez Digna non entende que se declare un sobreseemento sen “tan sequera practicar unhas mínimas comprobacións do denunciado”.

A asociación de familiares discrepa abertamente do trato que “se nos dá nese auto” e que consideran un abuso e un atropelo. Algúns dos parágrafos que sinalan son os que se refiren no auto á “exhibición mediática” dos feitos denunciados, que se denuncia “falta de persoal e material” cando esas carencias tamén se dan “no conxunto da sociedade”. Finalmente, o xulgado sinala que “ningún dos órganos competentes puxo en coñecemento a existencia de situacións que podan ser delictivas”.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...