InicioVal MiñorBaionaPiden a colaboración cidadá para atopar aos autores que raiaron 16 coches...

Piden a colaboración cidadá para atopar aos autores que raiaron 16 coches en Baiona a pasada noite.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Estupor e indignación dos propietarios de alomenos 16 vehiculos estacionados en Baiona que atoparon os seus vehículos completamente raiados.

Os feitos aconteceron a madrugada deste luns 30 de decembro entre as 2:00h e as 3:45h. na rúa Elduayen (A rúa principal de Baiona pegada á costa).

Segundo a denuncia feita pública por un dos afectados, a Garda Civil personouse no lugar dos feitos para deixar constancia dos danos para iniciar a investigación pertinente. Advirten que é posible que moitos dos afectados non se percatasen dos feitos ata hoxe pola mañá, por iso recomendan que revisen os coches e acudan a interpoñer a correspondente denuncia no caso de resultar afectados.

O chamamento tamén pide a colaboración cidadá e dos locais comerciais da zona para dar co autor ou autores dos feitos que gardan unha semellanza cos feitos acontecidos no barrio do Calvario en Vigo este mesmo ano.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...