InicioSen categorizarMulticines Norte, unha aposta polo cinema independente no centro de Vigo

Multicines Norte, unha aposta polo cinema independente no centro de Vigo

Este cinema leva aberto dende 1982 e é o único xeito de ver filmes independentes na gran pantalla en Vigo. Fronte aos grandes exhibidores que proxectan os filmes en centros comerciais, este aínda resiste no seu lugar de sempre ao carón da estación de trens.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Moito pasou dende que ir ao cinema era o único xeito de ver cine na data da súa estrea. Non pasou tanto, aínda que ás veces o pareza, dende que é posible facelo legalmente. A pesar diso, as salas de cinema seguen a ter un encanto especial para moitas persoas que non dubidan en cambiar o sofá da súa casa polas butacas, os despachos de billetes e a pantalla grande. Iso si, ás veces é complicado atopar lugares onde proxecten películas máis aló da parte corenta e cinco do universo de Marvel ou a sexta versión de Spiderman. Obras que non teñen nada de malo en absoluto, pero que dende logo van dirixidas cara un público masivo.

En Galicia hai unha programación se non total, moi importante de películas independente nos Multicines Norte de Vigo, na Sala Numax de Santiago de Compostela e nos Codex Cinema de Lugo. Na Coruña, aínda que non hai un cine como tal máis aló dos grandes exhibidores, o CGAI ten unha sala onde proxecta cinema independente en versión orixinal.

Podes ter a reportaxe completa no Galicia Confidencial: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/98596-son-posibles-salas-cinema-independente-realidade-cidades-galegas

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...