InicioCulturaTomiño celebra por todo o alto o Día das Letras Galegas

Tomiño celebra por todo o alto o Día das Letras Galegas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 17 de maio Tomiño encherase de actividades lúdicas e educativas, organizadas polo Concello para conmemorar esta data tan importante. Coma en anos anteriores, haberá grandes descontos na venda de libros en galego.

As actividades comezarán ás 10:30h coa venda de libros e a oferta de obradoiros relacionados coa figura da escritora cacereña María Victoria Moreno, á que se lle adica este ano o día das letras.

Ás 12:30h actuará a Agrupación Musical de Goián e pola tarde haberá teatro na Casa de Cultura. As actividades son para todos os públicos. Desenvolveranse dende as 10.30h até as 14.30h (obradoiros e concerto). Feira do Libro todo o día na Praza do Seixo.

paloma bravo, a gañadora do concurso de deseño

A tomiñesa Paloma Bravo Alonso, de Sobrada, gaña o concurso do deseño da camiseta das Letras Galegas, organizado polo Concello. Estudante de Linguas Estranxeiras da Universidade de Vigo, é a primeira vez que se presenta ao certame.

Un ano máis Tomiño conmemoraba o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua galega. Por esta razón convocou unha nova edición do concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas 2018.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño recibiu nove deseños, resultando gañadora Paloma Bravo, que será premiada cun libro da escritora homenaxeada este ano nas Letras, María Victoria Moreno, dúas camisetas; e difusión nas redes sociais e nos medios de comunicación.

 

Paloma Bravo, gañadora do concurso / Concello de Tomiño

A gañadora é unha moza de 23 anos, veciña da parroquia de Sobrada, que estuda Linguas Estranxeiras na Universidade de Vigo. Comenta que esta é a primeira vez que se presentou ao certame cun deseño resultado de “pensar en cousas que tiveran que ver coa lingua e co feito mesmo de aprender”.

O logo, que leva por lema “Ensíname a túa lingua”, é un libro aberto do que saen planetas, animais, instrumentos musicais, árbores e moitas outras cousas que fan parte da nosa vida.Todas as persoas que participen nas actividades organizadas polo Concello, serán agasalladas cunha camiseta.

 

 

ÚLTIMAS

Detido un home en Vigo tras prenderlle lume á súa exparella

A Policía Nacional detivo a un home en Vigo tras asperxer á súa exparella...

Comeza a operación Panificadora en Vigo, á espera do PXOM e as expropiacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

O presidente dos comuneiros de Cabral afronta un ano e tres meses por unha obra ilegal

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo acollerá a próxima semana un xuízo...

A Valedora volve pedir ao Concello de Vigo información sobre o accidente mortal das festas de Matamá

A Valedora do Pobo enviou esta semana ao Concello de Vigo un segundo requirimiento para...