InicioMedio Ambiente e PatrimonioOrganizan en O Hío un taller sobre microorganismos, aliados de primeira necesidade...

Organizan en O Hío un taller sobre microorganismos, aliados de primeira necesidade para rexenerar o planeta

Aínda non é demasiado tarde para o cambio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O CEIP do Hío e a Asociación Cultural O Furatoxo organizan un obradoiro arredor da captura e utilización de microorganismos na vida cotiá a cargo de Andrés Reboreda, aproveitando a celebración do Día Internacional dos Bosques.

Este taller contará cunha primeira sesión de presentación o vindeiro venres 22 de marzo ás 19h da tarde na Casa da Unión do Hío e prolongarase durante dúas sesións máis que se acordarán cos participantes. O obxectivo deste obradoiro é capturar microorganismos e achar os diferentes usos que poden ter no noso día a día: limpeza, compostaxe, depuración, cheiros… Deste xeito, os participantes descubrirán entre outras cousas como producir o seu propio compost.

O lixo diario que se xera nos fogares contén un 53 % de materia orgánica que pode ser reciclada e retornada á terra en forma de humus para plantas e cultivos. De cada 100 quilos de lixo orgánico obtéñense entre 10 e 15 quilos de compost. Así, aforramos en fertilizantes, contribuímos a reducir a contaminación, melloramos a saúde da terra e das plantas e melloramos a reciclaxe do resto de materiais do lixo.

“Os microorganismos transformaron a atmosfera e o solo da terra ata que a nosa actividade o fixo imposible. A través da industrialización e a desinfección sen control, a actividade humana afastada da natureza provoca que os microorganismos non sexan quen de rexenerar tanto dano. Mais é posible reproducilos e usalos o noso día a día se descubrimos como funcionan”, salientan desde O Furatoxo.

O vindeiro xoves, 21 de marzo, é o Día Internacional dos Bosques, declarado así pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para homenaxear a importancia de todos os tipos de bosque e intentar xerar conciencia aos respecto, no plano individual e colectivo, instando tamén ás administracións públicas a promover iniciativas que favorezan, protexan e respalden os bosques. Aproveitando esta data sinalada no calendario do ecoloxismo, dende O Furatoxo sitúan o punto de partida desta actividade que organizan xunto ao CEIP do Hío.

A AC O Furatoxo nace no ano 2013 formada por mozas e mozos do Hío coa intención de dinamizar a parroquia. Dende a súa creación veñen apostando pola organización de actividades para todos os públicos. Aínda que a celebración da Festa da Queimada supón o maior esforzo organizativo anual, durante o resto do ano tamén programan xornadas de eliminación de especies invasoras, Cinema no Hío, seráns culturais, encontros cos diferentes actores da parroquia e talleres para crianzas na Escola Vella do Hío.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...