InicioSen categorizarO vídeo polo que está fervendo o sangue en redes este Nadal:...

O vídeo polo que está fervendo o sangue en redes este Nadal: uns mozos fan esnifar a un ancián

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Ahí está. Tire para arriba agora si, carallo. Que boa é. A ‘Navidá’ ten que ser branca. branca ‘Navidá’, se nón non é nada. Iso vaille gustar. Tire para arriba. Que metimos nós primeiro, non ten problema”. Co acto de consumir a suposta droga e estas palabras dun dos mozos comeza o vídeo que está a viralizarse este Nadal.

Un grupo convence a un home da terceira idade a esnifar unha substancia, supostamente cocaína, na praza Fonte dos Ranchos (Lugo), o cal está a levantar moita polémica. Despois de tomar a droga, o ancián di que ten problemas do corazón, ao que contestan os mozos: “Se ten problemas do corazón non pasa nada, é para quitar a carbonilla, como os coches”.

O asunto non quedou só na resposta das redes, grazas ás cales o asunto trascendeu e identificouse a tres dos catro implicados na acción do ancián. O home, de 72 anos, alega que foi enganado, e dos catros mozos dous están en liberdade, un sen identificar e o outro xa foi posto a disposición xudicial. O ancián alega que primeiro de todo lle ofreceran fumar, e que el o rexeitou.

Os mozos enfróntanse a delitos de tráfico de drogas e incitación ao consumo (se o laboratorio determina que é cocaína), contra a saúde e integridade física, contra a intimidade e ata por coaccións.

ÚLTIMAS

As familias de Vila Laura volven protestar en Vigo: “Estamos a pedir persoas para atender a persoas”

As familias da Escola de Educación Infantil Vila Laura de Vigo volveron concentrarse este...

Vigo elixirá entre 19 propostas a estatua de Iago Aspas, que custará 280.000 euros

O xurado do concurso de ideas para o deseño e realización dunha estatua do...

O Peugeot 2008 ‘made in Vigo’ sitúase entre os modelos máis vendidos en España no que vai de ano

O Peugeot 2008, fabricado na planta viguesa de Stellantis, situouse na lista dos 10...

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...