InicioPolíticaO PP reclama a Abel Caballero que "deixe de imputarlle" á Xunta...

O PP reclama a Abel Caballero que “deixe de imputarlle” á Xunta o seu “fracaso” nas negociacións co Goberno central

Para Marta Fernández-Tapias, o alcalde debería deixar de perder o tempo con críticas á Xunta e encararse a Pedro Sánchez para esixirlle que cumpra con Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que “deixe de imputarlle” ao Executivo autonómico o “fracaso” das súas negociacións co Goberno de Pedro Sánchez, en relación coa nova autovía Vigo-O Porriño, a Avenida de Madrid ou o AVE por Cerdedo.

Así o sinalou Fernández-Tapias despois de que Caballero anunciase a convocatoria dun pleno extraordinario, que se celebrará o próximo 1 de febreiro, “para que a cidade saiba o que Feijóo quere facer”, e que “non quere a nova autovía Vigo-O Porriño”.

Abel Caballero convoca un pleno extraordinario “para que a cidade saiba” que Feijóo “non quere a autovía Vigo-Porriño”

Neste contexto, a delegada da Xunta insistiu en que o alcalde debería deixar de perder o tempo con críticas á Xunta e encararse a Sánchez para esixirlle que cumpra con Vigo. Tamén lembrou que foi Mariano Rajoy quen decidiu impulsar a construción desta nova autovía entre Vigo e O Porriño e que o actual Goberno socialista deixouna “nun caixón”.

“Dado o nulo interese do Goberno central por impulsar e executar esta nova autovía, o lóxico é que se formulen propostas alternativas”, sentenciou.

VIARIO DE BEADE

Marta Fernández-Tapias tamén tivo palabras sobre a “chapuza” da planificación viaria do novo Plan Xeral de Vigo (PXOM) que, ao seu xuízo, “presenta gravísimas deficiencias e erros de calado”, polo que ao alcalde “non lle pode sorprender” que a Xunta emita un informe desfavorable.

“Agora xa é tarde para falar dese tema”, insistiu a representante autonómica en resposta ás declaracións do alcalde sobre a ampliación da PO-010, cun novo viario que transcorrería polas parroquias de Beade, Bembrive ou Castrelos, entre outras.

Para ela, xa é tarde para consultar coa Xunta e tarde para dialogar cos veciños que se opoñen “frontalmente” a ese trazado.

“Tivo oportunidade de facelo durante a redacción do plan e non lle deu a gana, polo que a sorpresa do Concello non ten razón de ser. A Xunta non vai estar de acordo cunha vía que xera un importante rexeitamento por parte dos veciños”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Evacuada unha pasaxeira ferida do buque oceanográfico vigués Sarmiento de Gamboa

Unha persoa que navegaba no buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa resultou ferida mentres realizaba...

Vigo reclamará a Audasa máis de 138.000 euros polo IBI da AP-9

O Concello de Vigo reclamará á concesionaria da AP-9, Audasa, o pagamento de 138.345...

O TSXG revisa este luns a condena de 13 anos e medio polo crime de Coia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebrará...

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...