InicioPolíticaGonzalo Caballero asegura que a situación dos centros de saúde do Baixo...

Gonzalo Caballero asegura que a situación dos centros de saúde do Baixo Miño “exemplifica que a primaria está na UCI”

O deputado do PSdeG acudiu a unha concentración contra o "desmantelamento" da atención primaria nesta comarca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que a situación da PAC e dos centros de saúde do Baixo Miño “exemplifica que a atención primaria en Galicia está na UCI”.

O político socialista asistiu na tarde deste mércores no Rosal a unha concentración contra o “desmantelamento” da primaria nesta comarca, onde denunciou a “carencia de persoal sanitario nos centros de saúde” e “os recortes da Xunta do PP” que provocan que na primaria do Baixo Miño e doutros municipios “só aténdanse urxencias”.

Na súa intervención, sostivo que “non se pode tolerar que haxa listas de espera na atención primaria” e volveu criticar a decisión do Sergas de restrinxir a actividade sanitaria durante varios días en 14 centros de saúde da área de Vigo, entre os que se atopan os da Guarda, O Rosal e Tomiño.

“É indecente a situación de precariedade na que Feijóo está a deixar a sanidade pública galega que vive de forma permanente saturada e co persoal excedido”, sinalou Caballero, que criticou a “inacción” da Xunta. “A Xunta e Feijóo non fan nada”, censurou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...