InicioPolíticaArrinca a carreira polo liderado do PSdeG pontevedrés

Arrinca a carreira polo liderado do PSdeG pontevedrés

David Regades e Paloma Castro oficilizan as súas candidaturas de cara ás primarias do día 23.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os aspirantes á Secretaría Xeral do PSOE provincial de Pontevedra David Regades e Paloma castro veñen de oficializar este luns as súas candidaturas a liderar o partido na provincia coa presentación dos avais necesarios para competir no proceso interno. Tras o reconto dos avais presentados, arrincará a campaña interna, na que cada candidato presentará ás agrupacións o seu proxecto de cara ás primarias que terán lugar o domingo día 23 de xaneiro.

De cara ao proceso interno, o actual secretario xeral provincial e candidato á reelección, David Regades, presentou este luns os avais acompañado por cargos orgánicos e militantes, nunha comparecencia realizada na “rúa”, lugar onde destacou que traballou estes catro anos “por e para a cidadanía”. Sobre o seu proxecto, asegurou que “sen dúbida ningunha, é socialista, progresista, feminista e municipalista” e destacou que, ademais, “sumar ao que ten o partido en Ferraz, ao proxecto de Pedro Sánchez e ao que ten o partido en Galicia”.

Tamén na xornada deste luns a deputada no Parlamento de Galicia Paloma Castro, afín ao que fora secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero, entregou presencialmente os avais necesarios para optar á Secretaría Xeral do Partido Socialista na provincia de Pontevedra, uns apoios que xa formalizara o domingo de forma telemática.

En concreto, Paloma Castro solicitou o apoio de 800 integrantes da formación cando só se precisan 398 avais. Así as cousas, a parlamentaria mostrouse “ilusionada” por este reto e “agradecida” polos apoios conseguidos ao asegurar que “foi todo un éxito” e avogou por un proxecto socialista “na esquerda, feminista, coa bandeira do ecoloxismo e da xustiza social” e que dea protagonismo á militancia e ás agrupacións de toda a provincia. Ademais, expresou a súa aposta por un proxecto “no que todo o mundo conte e intégrense todas as sensibilidades”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Peugeot 2008 ‘made in Vigo’ sitúase entre os modelos máis vendidos en España no que vai de ano

O Peugeot 2008, fabricado na planta viguesa de Stellantis, situouse na lista dos 10...

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...