InicioPolíticaO Pleno de Vigo aproba usar 13 millóns de remanentes municipais cos...

O Pleno de Vigo aproba usar 13 millóns de remanentes municipais cos votos da oposicón

Estes cartos servirán para financiar, entre outros, o proxecto 'Halo', un ascensor que conectará García Barbón co centro Vialia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno de Vigo aprobou, coa súa maioría no pleno, o uso de 13 millóns de euros de remanentes municipais, cos que acometerá diferentes actuacións na cidade, entre elas o denominado proxecto ‘Halo’, un ascensor que conectará García Barbón co centro Vialia.

Na sesión plenaria celebrada este mércores, a Corporación Municipal, co rexeitamento da oposición –PP, Marea de Vigo e BNG–, deu luz verde á modificación orzamentaria para o suplemento de crédito e crédito extraordinario financiado con remanente líquido de Tesouraría.

Estes 13 millóns de investimento con cargo a remanentes súmanse aos case 36 millóns aprobados o ano pasado; e, segundo explicou o alcalde en días previos, hai outros 60,2 millóns do orzamento do anterior exercicio que “se pasan” para 2021.

Doutra banda, o pleno vigués tamén aprobou, co voto en contra dos concelleiros do PP, unha moción do grupo socialista para instar á Xunta a realizar unha achega económica de 500.000 euros para a celebración do festival de Ou Marisquiño.

PERRUQUERÍAS

Así mesmo, o BNG presentou no pleno unha moción con medidas fronte á crise industrial e comercial. O seis puntos propostos votáronse de forma separada, saíndo adiante unicamente os dous relativos ao sector das perruquerías, barbarías e centros de estética.

En concreto, acordouse –coa abstención proxecto ‘Halo’, un ascensor que conectará García Barbón co centro Vialia.do PSOE e o apoio dos demais grupos– urxir ao Goberno estatal a reducir o tipo de IVE para este sector do 21 ao 10 %. Ademais, deuse luz verde –coa abstención do PSOE e o PP e o apoio do BNG e Marea– a instar á Xunta a dialogar con este sector para adecuar as axudas ás súas características específicas.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...