InicioEconomíaFolga indefinida en Alten en Nigrán contra despedimentos e “chantaxes” tras o...

Folga indefinida en Alten en Nigrán contra despedimentos e “chantaxes” tras o conflito pola cesión ilegal en BorgWarner

Traballadores encerrados en Porto do Molle denuncian presións para retirar demandas xudiciais mentres a CIG alerta dunha campaña de ameazas coincidente coa chegada dos primeiros xuízos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Empregados de Alten, empresa que traballa para a auxiliar automobilística BorgWarner, iniciaron este luns unha folga indefinida en rexeitamento aos despedimentos e á “ameaza de cesamento de actividade se non se retiran as demandas por cesión ilegal de traballadores”.

Cunha pancarta co lema ‘Contra a fraude na contratación en BorgWarner’, decenas de traballadores concentráronse este mediodía ante as instalacións da compañía en Porto do Molle, en Nigrán, onde permanecen encerrados desde o pasado xoves. Segundo informa a CIG nun comunicado, o persoal denuncia unha “campaña interna de chantaxes, coaccións e ameazas” posta en marcha en xaneiro pola dirección de Alten, “con coñecemento de BorgWarner”.

O conflito prodúcese despois de que a Inspección de Traballo ditaminase en 2024 a existencia dunha cesión ilegal de persoal por parte de Alten á multinacional automobilística. A raíz dese informe, moitos empregados presentaron demandas xudiciais para reclamar os seus dereitos laborais. “Agora, cando se aproxima a celebración dos primeiros xuízos, as compañías optaron por medidas de presión para impor a precariedade laboral”, sostén a CIG, que denuncia o despedimento de catro persoas e asegura que outras sete están baixo ameaza de final de proxecto se non retiran as demandas presentadas.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de Santa Marta e A Ladeira galardonadas recentemente co distintivo de bandeira azul da Asociación privada ADEAC. A medida chega despois de que o SERGAS publicase os resultados das analíticas correspondentes do pasado 14 de xullo, que, segundo fontes consultadas pola redacción, […]

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...