InicioPolíticaAbel Caballero: "Isto non é unha etapa de normalidade democrática"

Abel Caballero: “Isto non é unha etapa de normalidade democrática”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este martes que era “imprescindible” aprazar as eleccións autonómicas previstas inicialmente para o 5 abril porque, coa actual crise sanitaria, é “imposible” pensar nunha cita electoral.

Nunha comparecencia, o rexedor olívico lembrou que, na actual situación de “emerxencia” pola expansión do coronavirus, “non se podía nin pensar” nunha convocatoria de eleccións, nin en desenvolver unha campaña electoral. “Porque todos estamos coa cabeza nisto”, apuntou, en alusión á crise sanitaria.

O alcalde de Vigo afirmou que, aínda “co importante que son as eleccións e o importante que é a democracia”, nestes momentos “era imprescindible” o adiamento dos comicios porque as autoridades e os cidadáns deben “prestar toda a atención” á loita contra a expansión da epidemia.

Non se pode pensar que esta sexa unha etapa de normalidade democrática, porque non o é. Agora a prioridade é a saúde, temos que centrarnos niso”, proclamou Abel Caballero.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...