InicioPolíticaPontón reivindica en Tomiño o BNG como única forza para "dar voz...

Pontón reivindica en Tomiño o BNG como única forza para “dar voz propia” a Galicia no Congreso

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a necesidade de que o BNG teña presenza nun Congreso dos Deputados sen maiorías absolutas, para darlle “voz propia ao país”, como teñen “vascos, cataláns, valencianos ou canarios”.

“Non podemos ser os únicos ausentes”, proclamou, nun acto celebrado en Tomiño, no que puxo en valor “desde a humildade pero con orgullo e co aval do traballo feito” que “o BNG no Congreso” é “garantía de que os problemas dos galegos” estarán en Madrid e “haberá solucións”.

“De que valeron 23 escanos ás ordes dos xefes en Madrid? Conseguiron as forzas estatais que as pensións dos nosos maiores deixen de estar á cola do Estado? Conseguiron os 188 millóns de euros que nos deben en Dependencia, conseguiron derrogar a LOMCE, as contrarreformas laborais ou a Lei Mordaza, acabar coa estafa da AP9? A resposta é unha sucesión de non, non e máis non”, denunciou Pontón.

A portavoz nacional do BNG apelou en Tomiño, como xa o fixo durante a mañá na Coruña, aos indecisos para que voten ao BNG por ser unha opción con “premio extra” porque “defende Galicia e frea a dereita rancia e antigalega que representan Vox e Ciudadanos”.

Pondo como exemplo da capacidade do Bloque para mellorar a vida da xente, Pontón tamén recalcou que os deputados do BNG no Congreso conseguirán acabar coa discriminación de Galicia.

Pola súa banda, a candidata ao Congreso polo BNG por Pontevedra, Carme da Silva, asegurou que replicará en Madrid o “bo facer” do Bloque en Tomiño, en contraste co “esquecemento ao que sumiron á comarca” PP e PSOE con En Marea-Podemos.

Como exemplo, lembrou que Francisco Jorquera como deputado nacionalista conseguiu orzamento para a rehabilitación da Fortaleza de Goián, pero que, tras a ausencia do BNG no Congreso, se perderon partidas xa consignadas como a destinada á biblioteca, que foi “chimpada” por Rajoy.

ÚLTIMAS

Así operaba unha organización internacional de tráfico de armas detectada en Peinador

A detención en outubro de 2025 dun pasaxeiro no aeroporto vigués de Peinador, tras...

A Acampada de Vigo pide a Xunta e Concello solución habitacional para 10 persoas que pasan a noite na Alameda

A Acampada pola Vivenda de Vigo dirixiuse ao Concello e á Xunta para solicitar...

Vigo porá límites ao tráfico este Nadal para evitar atascos, con 12 días de máxima afluencia

O Concello de Vigo monitorizará de forma "continua" a afluencia de tráfico e de...

Pepe Álvarez participará este luns en Vigo nunha concentración en condena ao ataque sufrido na sede de UXT

O secretario xeral da UGT, Pepe Álvarez, participará este luns en Vigo nunha concentración...