InicioPolíticaA ferrolana Yolanda Díaz enfronta a Abel Caballero e Rubén Pérez

A ferrolana Yolanda Díaz enfronta a Abel Caballero e Rubén Pérez

Abel Caballero acusa a En Común Unidas Podemos de "colonialismo político" pola orixe ferrolana de Yolanda Díaz e Rubén Pérez lembra que o rexedor vigués foi deputado pola Coruña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do grupo municipal Marea de Vigo e secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, respondeu este martes ás críticas do alcalde da cidade e presidente do PSOE vigués, Abel Caballero, que acusou a En Común Unidas Podemos de practicar o “colonialismo político”.

O rexedor vigués criticou a esta formación por ter unha candidata por Pontevedra, Yolanda Díaz, ex coordinadora xeral de Esquerda Unida en Galicia, que é de Ferrol. Por iso, Rubén Pérez lembroulle que el mesmo foi deputado pola Coruña entre 1982 e 1986 –antes de volver ser deputado, entre 1986 e 1989, nesa ocasión por Pontevedra–.

Despois de que Abel Caballero esixise que os candidatos “sexan da demarcación” porque “o paracaidismo político xa é moi vello”, Rubén Pérez sinalou que o rexedor “se acusa a si mesmo de colonialismo político”, unha práctica “moi habitual no PSOE”. De feito, lembrou que o rexedor olívico foi deputado pola Coruña no Congreso.

Por outra banda, lembrou ao alcalde que os candidatos se presentan en circunscricións provinciais, unha figura que Esquerda Unida quixo eliminar, e que, en todo caso, “non necesariamente ten que ser de Vigo” os integrantes da lista.

Non imos entrar nese localismo cateto de chamar colonialismo a iso, hai que estudar historia para saber o que é o colonialismo”, proclamou Rubén Pérez, quen advertiu de que “colonialismo é que haxa empresas de fóra de Vigo, como a dona da concesionaria do bus, que veñen a por os recursos públicos da cidade”.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...