InicioPolíticaUnidas Podemos elixe o barrio vigués de Navia para arrincar a campaña...

Unidas Podemos elixe o barrio vigués de Navia para arrincar a campaña electoral en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Común-Unidas Podemos planea iniciar a campaña electoral de cara ás xerais en Vigo. O lugar elixido, Navia.

A coalición de Podemos, Esquerda Unida e Equo planea realizar o seu arranque electoral neste barrio vigués, onde a confluencia de entón (En Marea) obtivo o mellor resultado en porcentaxe de votos nas xerais de 2016.

Durante a carreira cara ás urnas, a cabeza de lista da antiga coalición que usou a marca En Marea –singularmente Antón Gómez-Reino (pola Coruña) e Yolanda Díaz (agora por Pontevedra)– farán “valer” o seu paso polo Congreso na lexislatura que termina. Así, postularanse como “unha forza para gobernar e representar a Galicia nas Cortes”, así como tamén como “referente ao tombar o goberno de Rajoy”.

Ademais, reivindicarán a súa defensa da suba do salario mínimo interprofesional, a defensa e suba das pensións, “especialmente” para Galicia e as mulleres, e a posición defendida ante as peaxes e a petición de transferencia da AP-9.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...