InicioPolítica"A ameaza de carencia de auga é moi severa", alerta o alcalde...

“A ameaza de carencia de auga é moi severa”, alerta o alcalde de Vigo

Pide reducir "de forma inminente" o caudal ecolóxico da presa de Eiras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, exixiulle á Xunta que reduza “de forma inminente” o caudal ecolóxico da presa de Eiras, que está na “peor situación” de volume de auga almacenada “da historia da cidade”, malia as recentes choivas.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor vigués advertiu de que hai “un serio problema” e volveu apelar ao “consumo responsable” nas vivendas e tamén nas industrias, que “xa están no mínimo posible”. Pero insistiu en que a Xunta ten que reducir o caudal ecolóxico do encoro porque “a ameaza de falta de auga neste momento é moi severa”.

“Temos que tomar decisións e eu sei que a cidade está a aforrar todo o que pode, agradézollo moitísimo, pero a Xunta ten que baixar o caudal ecolóxico de forma inminente. E se algo sucede, a responsabilidade será deles”, proclamou Caballero.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra os “ignorantes do PP” que non ven que o AVE por Cerdedo avanza “máis rápido que nunca”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu ao paso das críticas do PP da...

PP denuncia que o goberno de Vigo non pediu a axuda estatal de 3,5 millóns para bonificar o billete do bus urbano

O PP de Vigo denunciou este mércores que o goberno local non solicitou a...

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Buscan por terra, mar e aire un veciño de Redondela desaparecido desde o luns

Un amplo dispositivo de emerxencias busca desde este martes un veciño de Redondela do...